O Xoves 10 de Xuño, ás 20.30 horas, celebrouse no local da Asociación de Veciños O Castro de Recesende, unha charla sobre Hipertensión Arterial impartida por Dna. Magdalena Garabal Fraga, enfermeira de ampla experiencia e cuxa oratoria se distingue polo seu incontestable rigor e calidade.
Fronte a unha enfermidade que presenta unha elevada tasa de prevalencia, afectando a un importante sector da poboación, a información cobra un papel elemental na loita contra esta problemática sociosanitaria de acuciante vixencia.
A poñente realizou un percorrido ó longo dos factores de risco que predispoñen a padecer esta patoloxía, facendo fincapé na necesidade do seu tratamento e na vital relevancia da súa prevención, avogando pola adopción dunha perspectiva profiláctica de preservación da saúde.
|