Actos: |
| DÍA INTERNACIONAL DA MULLER |
Data: 08/03/2010 |
A Asociación Teenses Pola Igualdade súmase á conmemoración do Día Internacional da Muller, coa celebración dos actos que se relacionan a continuación:
Día 5 de Marzo ás 18 horas no Café Bar A Santa Sede (ubicado na Ramallosa s/n – Teo): Apertura da Exposición que baixo o lema “Día Internacional da Muller 2010” redundará nunha homenaxe artística á figura feminina plasmada a través das obras da pintora Mari Olivares, e das fotógrafas Natalia Lampón e Laila Shami. Asimesmo ofrecerase viño galego e pinchos.
Día 8 de Marzo ás 17:30 horas: Homenaxe a Clara Campoamor, impulsora do sufraxio feminino en España, coa colocación dunha placa na rúa que leva o seu nome (rotonda do alto Montouto, entrada de San Sadurniño).
Ese mesmo día 8 de Marzo ás 20 horas do serán na Casa Común de Rarís: Conferencia “Mulleres rurais traballadoras. Unha ollada ó mundo real”, a cargo de Dna. Rosa Arcos, presidenta da Federación Galega de Mulleres Rurais.
Día 10 de Marzo ás 18 horas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (situado en Rúa Airas Nunes s/n, Conxo – Santiago de Compostela): Presentación do Libro “100 Mulleres Galegas Artistas Emerxentes”. A publicación desta obra ven a supoñer o remate dunha ardua labor de máis de dous anos de investigación da man dun pequeno grupo de mulleres pertencentes a esta Asociación. Trátase dunha Iniciativa que ten por obxecto rachar coa invisibilidade que posterga ás mulleres naqueles eidos nos que padecen dunha inferior representatividade, e avogar polo recoñecemento social do sector artístico feminino.
MANIFESTO 8 DE MARZO DE 2010:
De novo, por mor do Día 8 de Marzo, preséntasenos a ocasión de facer patente ante a sociedade en xeral en que estado en que hoxe se atopa a situación das mulleres.
Equivócanse aqueles que aseguran que a desigualdade é cousa do pasado. Aínda que non podemos negar que se incrementaron fortemente as políticas igualitarias en favor das mulleres, constatamos que a realidade móstrase terca e resistente a pór termo ás formas de pensar e de actuar que veñen imperando dende hai séculos.
É POR ELO QUE AS MULLERES REAFIRMÁMONOS EN QUE:
NON HAI IGUALDADE, xa que a pesar do esforzo das mulleres por millorar a nosa preparación profesional e académica, seguemos soportando unha forte discriminación laboral representada por unha maior dificultade para atopar emprego, por facernos ocupar os postos de máis baixa cualificación ou peor renumerados en moitas ocasións un 20% por baixo dos homes aínda en postos de igual categoría.
NON HAI IGUALDADE porque a crise e o paro cébase en nós e colócanos en 10 puntos por encima dos parados homes.
NON HAI IGUALDADE porque ás mulleres séguesenos a responsabilizar exclusivamente das tarefas familiares e obrigacións domésticas; a falta de implicación dos nosos compañeiros homes nestas tarefas obríganos a soportar xornadas interminables dentro e fóra do fogar.
NON HAI IGUALDADE porque esta falta de implicación da na conciliación laboral dos nosos compañeiros, obriga a moitas mulleres a renunciar en demasiadas ocasións a melloras no posto de traballo e a aceptar contratos a tempo parcial ou en precario.
NON HAI IGUALDADE porque somos nós as que formamos parte maioritariamente de familias monoparentais o que nos obriga a sufrir problemas económicos derivados da escaseza de garderías e centros de atención a maiores e dependentes de cuio coidado se nos fai responsables en case que todas as ocasións.
NON HAI IGUALDADE porque segue existindo unha clara feminización do traballo o que nos relega a permanecer en sectores máis reducidos ca os dos homes. Case un 40% das mulleres traballamos na sanidade, a educación e a administración pública, fronte a un 20% en que o fan os homes.
NON HAI IGUALDADE: porque a discriminación laboral fai que tan só ocupemos un 32% en postos directivos das empresas.
NON HAI IGUALDADE xa que os estereotipos de xénero fannos vivir unha existencia con máis dificultades e en peores circunstancias ca a dos homes, o que sitúa a moitísimas mulleres no limiar da pobreza.
POR TODO ISO, porque perseguimos un mundo máis xusto e igualitario, NESTE 8 DE MARZO Día Internacional da Muller as MULLERES E HOMES de TEENSES POLA IGUALDADE queremos cambiar a situación e unah vez más facemos nosa unha a
DECLARACIÓN DE MAPUTO do ano 2006
“Defender os dereitos das mulleres e fortalecer as súas capacidades constitúe o mellor xeito de loitar pola erradicación da pobreza. Non lograremos avanzar na igualdade sen un empoderamiento real das mulleres. Hai que empezar a mirar doutro xeito, sen medo, con contundencia, incluíndo esta nova mirada nas prácticas gobernamentais e lexislando para que os referentes de acción sexan obxectivos. O empoderamiento das mulleres é o de todos os seres humanos; a patria común das mulleres é a patria da xustiza e da paz.
|
|