Actos: |
| DÍA DAS LETRAS GALEGAS |
Data: 22/05/2010 |
A Asociación Teenses Pola Igualdade, un ano máis, súmase á conmemoración do Día das Letras Galegas, adicado este ano 2010 ó poeta lucense Uxío Novoneyra.
Para contribuir á exaltación e defensa da nosa lingua e das nosas letras, nunha cita que convoca a tódolos galegos e galegas, esta entidade ten programados os seguintes actos:
Venres 21 de Maio ás 20:30 horas no Restaurante Os Robles "Festa das Letras": Conferencia pronunciada por D. Henrique Alvarellos Casas, editor do audio-libro "Tempo de elexía", e posterior cea de confraternidade.
Sábado 22 de Maio ás 20:30 horas na Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos: A Compañía de Teatro Charamela de Melide porá en escena a obra "Se o sei...non volvo á casa" de Manuel Varela Buján.
|
|