Actos: |
| FESTA DAS LETRAS |
Data: 21/05/2010 |
O Venres 21 de Maio tivo lugar no Restaurante Os Robles a "Festa das Letras", organizada por esta Asociación con motivo do Día das Letras Galegas:
D. Henrique Alvarellos Casas, xornalista e escritor, pronunciou unha formidable conferencia versada no audio-libro "Tempo de elexía", do que é editor. O poñente realizou un fermoso percorrido a través da producción poética de D. Uxío Novoneyra, célebre poeta lucense homenaxeado nestas Letras Galegas 2010. Para maior deleite, o público tivo a honra e o privilexio de escoitar algúns fragmentos do libro na voz do propio poeta, recollidos nun recital inédito que agora ve a luz gracias á publicación do volume “Tempo de elexía”. A disertación do poñente sumada ás palabras do poeta crearon unha atmósfera bucólica na que a totalidade dos asistentes ficaron sumerxidos, sucumbindo ante esta elocuente exhibición que se transformou nunha verdadeira experiencia sensorial.
A xornada completouse cunha cena de confraternidade na que foron recitados, de xeito espontáneo polos comensais, unha escolma de poemas de D. Uxío Novoneyra, e proferindo eses fermosos versos volveuse a entoar con cada alento unha atmósfera na que aínda se respiraba o eco das palabras do poeta.
|
|