Actos: |
| OBRA TEATRAL "SE O SEI...NON VOLVO Á CASA" |
Data: 22/05/2010 |
Como colofón aos actos impulsados por esta entidade para a conmemoración do Día das Letras Galegas, tivo lugar na Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos e coa súa inestimable colaboración, o pasado sábado día 22 de maio, a representación da obra teatral “Se o sei...non volvo á casa” de D. Manuel Varela Buxán, interpretada pola Compañía de Teatro Charamela de Melide.
Os actores fixeron gala das súas magníficas dotes interpretativas conseguindo cautivar ó público coas súas actuacións e debuxando con elas un auténtico fresco da Galicia dos anos 20, cando a emigración a América se converteu nun fenómeno determinante na historia de moitas familias de esta rexión nosa. O conxunto está invadido por un humor melancólico, que se conxuga cunha posta en escena moi coidada, rebosante de detalles, que firman una ambientación e un espazo escénico con moi belas escenas, destacando novamente o papel d@s artistas que rozan o sublime nos seus respectivos rexistros.
Coa organización e a posta en escena desta obra, tanto esta Asociación, como a Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos e, por suposto, a Asociación Cultural Charamela que agrupa ós seus protagonistas, tratamos de contribuír á dinamización e defensa da nosa lingua para reivindicar a súa presenza en tódolos ámbitos.
|
|