| A MULLER E O MITO |
Temos rebibido este precioso correo que pola súa beleza literaria e expresividade, queremos compartir con todas as persoas que nos len.
"Direiche que a min a mitoloxía paréceme un elemento esencial da cultura.
En Dereito, estudábamos o "dereito ao mito" posto que a propia Xustiza non é máis que un deles. Están íntimamente relacionados co noso lado irracional, emocional. Coa cara escura da lúa que todos temos.Os mitos teñen servido para explicar dende sempre todo aquelo para o que a ciencia non encontra explicación, é dicir: a metafísica o "antes que a
física",o que indica que primeiro foi o mito e despois a explicación racional.Non creo que deban vivir separados. É a salsa con ingrediente oculto no que se cociñan as nosas ideas,mesmo as máis técnicas e dende logo as máis sutiles.
Diferéncianos dos animais, explica algunhas das nosas conviccións (e medos) máis atávicos. A muller debe recuperar o mito porque moitos deles dábanlle un papel que a historia e maila ciencia posteriormente lle vedaron.
Longa vida a Isis, as Vírxes Negras, á Magdalena cátara, as
Amazonas. A todas as lendas que proban que baixo unha apariencia de irrealidade, existe o feito irrefutabel da muller como ser poderoso e...temible. Aínda que tal vez esto último non deixe de ser tamén, un mito.
Un abrazo
Betina
Ahora también puedes acceder a tu correo Terra desde el móvil.
Infórmate pinchando aquí.
|
Beatriz Estévez Fontenla |
26/10/07 |
|