| Nona mates, non é túa. |
REPRODUCIMOS ESTE FERMOSO POEMA DE AGUSTIN GARCIA CALVO QUE ENTENDEMOS COMA UN CANTO A LIBERDADE DA PERSOA. ASÍ O ENTENDEU TAMÉN AMANCIO PRADO QUEN O INMORTALIZOU NUNHA DAS SÚAS MELLORES COMPOSICIÓNS.
Libre te quero,
coma arroio que brinca
de pena en pena.
Pero non miña.
Grande te quero,
coma monte preñado
de primavera.
Pero non miña.
Boa te quero,
coma pan que non coñece
a súa masa boa.
Pero non miña.
Alta te quero,
coma chopo que no ceo
se desperguiza.
Pero non miña.
Blanca te quero,
coma flor de azares
sobor da terra.
Pero non miña,
nin de Deus, nin de ninguén,
nin túa sequera.
|
Agustín García Calvo |
28/10/07 |
|