NOTICIA:

FALLADO O PREMIO DE POESÍA MARÍA MARIÑO         05.05.07

Onte tivo lugar en Teo o fallo do Premio de Poesía María Mariño convocado pola Asociación Teenses Pola Igualdade e patrocinado pola compostelana Libraría, Follas Novas.
Un xurado de luxo composto por Marilar Aleixandre, poeta, Salvador García-Bodaño, escritor e membro da Real Academia Galega, Xosé Amancio Liñares Giraut, escritor, Camiño Noia, escritora e Helena Villar presidenta do Padroado Rosalía de Castro decidiron elixir como gañador dos 1.000€ correspondentes ó Primeiro Premio de Poesía María Mariño a D. Adolfo Caamaño Vázquez que se presentou co poema entitulado "Elexía dos Aléns". O segundo premio dotado con 500€ foi para D. Marcelino Sisto Deibe que se presentou co lema "Solpor Ferido" e o poema "Xinete no cabalo da memoria".
Tanto o Xurado como a representante de Teenses Pola Igualdade, Rosa Gómez Limia manifestaron a súa satisfacción polo alto grao de participación a este Primeiro Premio o que se presentaron 83 traballos procedentes de diversos puntos xeográficos tanto da Peninsula como tamén do extranxeiro.
Nun solemne acto a celebrar o vindeiro 18 de maio no Pazo de Adrán de Calo-Teo, terá lugar a entrega dos galardóns os gañadores.