NOTICIA:

UN DE CADA 10 ESPAÑOIS AFIRMA QUE A IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES CAUSA MÁIS PREXUICIOS QUE BENEFICIOS         2/10/07

Un de cada dez españois, o 11,7% afirma que a igualdade entre homes e mulleres causa máis prexuízos que beneficios, mentres que o 82% opina o contrario, segundo os datos do barómetro de setembro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), realizado a partir de 2.500 entrevistas.

A enquisa reflexa que case a metade da poboación (47,5%) pensa que actualmente existen pequenas ou inexistentes desigualdades entre homes e mulleres no noso país, á vez que a outra metade (50,4%) sostén que estas diferenzas aínda son bastantes grandes ou moi grandes.

Preguntados sobre se estas desigualdades cambiaron en comparación coa situación de fai dez anos, oito de cada dez encuestados pensan que agora son menores, fronte a dous de cada dez que defende que estas son maiores ou iguais na actualidade.

A favor DE QUE O GOBERNO PROMUEVA A IGUALDADE

Ademais, a enquisa pon de manifesto que o 2,7 por cento dos españois está pouco ou nada a favor da plena igualdade entre ambos sexos, en contraposición ao 86 por cento dos cidadáns que desexan a plena igualdade.

O 90% dos entrevistados, está convencido de que a igualdade de xénero "cohesiona máis á sociedade e faiana máis xusta" e "mellora a calidade das relacións humanas", polo que están a favor de que o Goberno estableza medidas que garantan dita igualdade.

O barómetro sinala que dous terzos dos españois están moi de acordo ou bastante de acordo con que se garante por lei un número equilibrado de homes e mulleres nas listas electorais.

Así mesmo, o 87% móstrase a favor de establecer un permiso de paternidade remunerado, e un de cada dez é favorable a que se sancione ás empresas que pagan menos ás mulleres que aos homes por realizar o mesmo traballo.

A enquisa tamén reflicte que o 94 por cento dos españois quere que se flexibilicen os horarios laborais para facilitar a conciliación, e dúas de cada tres están de acordo con que se garante por lei a presenza equilibrada de homes e mulleres en altos cargos públicos e en postos de dirección de empresas.

ELAS TEÑEN QUE ESFORZARSE MAIS PARA UN MESMO POSTO

Ademais, tres de cada catro persoas sostén que a maioría das empresas prefiren homes para cubrir postos de responsabilidade e aseguran que as mulleres teñen que esforzarse máis que os homes para demostrar que poden desempeñar o mesmo posto de traballo.

Igualmente, os últimos datos do CIS poñen de manifesto que dous terzos dos españois cren que as mulleres teñen máis dificultades que os homes para acceder a postos de responsabilidade nas empresas,mentres que tres de catro asegura que é máis difícil para a muller combinar a vida laboral e familiar que para o home.

Do mesmo xeito, oito de cada dez españois pensa que as mulleres teñen un salario peor ao dos homes e o 55 por cento asegura que a estabilidade laboral delas é moito menor que a deles.

Nesta mesma liña, seis de cada dez entrevistados di que as mulleres téñeno máis difícil que os homes para promocionar profesionalmente, así como para atopar un posto de traballo.

Os españois manifestan que a principal razón das mulleres teñan ocupen menos postos de responsabilidade débese a que dispoñen de menos tempo polas cargas familiares, sendo a segunda razón que non se confía suficientemente nas mulleres e a terceira, que se segue dubidando da súa capacidade.

NON SE COÑECE A LEI DE IGUALDADE NIN O PLAN CONCILIA

O CIS tamén pregunta sobre o coñecemento que teñen os cidadáns da Lei de Igualdade aprobada polo Goberno e deixa en evidencia que o 42 por cento descoñece a norma, porcentaxe que se eleva ata o 80 por cento respecto ao Plan Concilia.

Preguntados sobre se fixar unha cota para as mulleres nos cargos de responsabilidade política é discriminar aos homes, o 32 por cento está máis ben de acordo, fronte ao 43 por cento que se mostra en desacuerdo. Así, 1 de cada dez persoas pensa que se non hai mulleres nos órganos de dirección é porque non están preparadas.

En canto aos partidos que máis defenden a igualdade, tres de cada dez españois pensa que ningún e outros tres non saben ou non contestan. Ademais, o 26 por cento pensa que a formación que máis defende este tipo de políticas é o PSOE (26%), seguido do PP (6,9%), IU (4,4), CIU (4%), ERC (4%), PNV (2%), BNG (2%), CC (1%), Na-Bai (1%) e CHA (0%).