NOTICIA:

PRESENTACIÓN DA REVISTA ambienTEO         09.11.07

Onte en Teo a Asociación Teenses Pola Igualdade presentou o segundo número da súa revista de temas medio ambientais, ambienTEO.
Esta publicación edítase en papel ecolóxico a dúas cores e conta coa colaboración de xeito desinteresado de cidadáns, periodistas e persoeiros da cultura e da política galega, que tentan concienciar á cidadanía sobre a importancia que ten para o Planeta a preservación e coidado do hábitat no que nos desenvolvemenos a cotío.