ANTE O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
As mulleres e os homes de Teenses Pola Igualdade queremos facer público o siguinte
MANIFESTO
Que o número alarmante de mulleres que seguen a ser asasinadas por homes cercanos a súa existencia, indican a permanencia perniciosa dunha educación machista que segue estando claramente encrustada no seno da nosa sociedade.
Que rexeitamos todo tipo de maltrato físico ou verbal contra as mulleres, así como toda forma de acoso moral, ou manipulación dirixida ou que poida contribuir a súa degradación como persoa. O maltrato non fai a ninguén máis forte.
Que solicitamos de tódolos membros desta sociedade, mulleres e homes se neguen a quedar parados e se dispoñan a reaccionar decididamente e denunciar os comportamentos machistas que humillen ou poidan facer daño ás mulleres, sobor de todo as nenas.
Que saudamos con ledicia a entrada de cada vez máis homes, na loita pola igualdade das mulleres sinal evidente de que algo está a cambiar nas nosas cotidianidades.
Que recabamos do Goberno Estatal, Autonómico e mesmo do Municipal, que segan incrementando a vixiancia, as medidas e a loita contra os crimes vergoñantes e silenciosos, culpables eles de que cada ano morran no mundo 53.000 mulleres, sen contar con aquelas outras que acaban por suicidarse, vítimas da violencia psicolóxica.
Desde Teenses Pola Igualdade:
Denunciamos os discursos que desvían a atención das verdadeiras causas da violencia estructural en lugar de deslexitimala.
Denunciamos a complicidade que supón gardar silencio.
Denunciamos a publicidade sexista que vehicula uns modelos de muller que contribúe a invisibilizalas, exercendo sobre elas a cotío violencia simbólica.
Denunciamos a aqueles medios de comunicación que exercen violencia mediante o tratamento sensacionalista das novas referidas a violencia de xénero.
Por último vai o noso recordo solidario para as 69 mulleres que hasta o día de hoxe teñen desaparecido no noso País. No seu honor cada unha das persoas aquí reunidas, vamos a prender lume a unha candea como símbolo do que neste acto estamos a rexeitar con todas as forzas que podemos alcanzar.
TEO a 23 de noviembre del 2007
 |
|