Valentín Carrera e a súa serie Linatakalan reciben o máximo galardon no World Festival de Hamburgo Data: 29-2-08
Ibisa TV e o seu director, Valentin Carrera, recibe a Medalla de Ouro do World Media Festival de Hamburgo por Linatakalam
Patrocinada pola Alianza de Civilizacións e dirixida por Valentín Carrera, a serie está coproducida por IBISAtv con TVE, TVG, Castelao e televisións de Italia e Marrocos. Dialoguemos, en árabe, trata os DEREITOS DAS MULLERES, a inmigración e conflitos entre relixións.
Linatakalam (Dialoguemos, en árabe) é unha serie de seis
capítulos, rodada en alta definición, en varios países
mediterráneos, na que se tratan asuntos que nos preocupan:Os DEREITOS DAS MULLERES,a Inmigración, os conflitos entre
confesións relixiosas, a seca e o malgasto da auga, ou a
educación dos nenos e nenas que deben construír, en paz, o
Mediterráneo do futuro.
A serie, estreada no 2007 por Localia Galicia, está sendo emitida pola Televisión Pública de Marrocos, SNRT, no prime time
dos xoves, pola súa primeira canle, TV Laayoune. TVE e TVG teñen prevista a súa emisión ao longo deste ano, á vez que o Departamento de Vendas Internacionais de Filmax ultima a versión inglesa da serie, pola que xa mostraron o seu interese numerosas televisións.
A serie "Linatakalam" é unha coprodución de IBISAtv con TVE, TVG, SNRT, Surf Filme (Italia), Castelao Producións e Localia, distribuída internacionalmente en inglés, francés, árabe, castelán, galego e italiano por Filmax, e patrocinada pola Alianza de Civilizacións.
"Linatakalam" rodouse en Marrocos, Tunisia, Exipto, Turquía, Sicilia e na costa valenciana, cun equipo mixto, intercultural, interracial, multilingüe; un equipo galego-marroquí-italiano-turco.
En "Linatakalam" interveñen o Nobel Desmond Tutu, o iraniano Khatami, os primeiros ministros de España e Marrocos, Rodríguez Zapatero e Driss Jettou, e os copresidentes da Alianza de Civilizacións, Maior Zaragoza e Mehmet Aydin, entre outras personalidades. A cabeceira "Linatakalam" inclúe o tema "Mediterráneo" de Joan Manuel Serrat e a banda sonora orixinal é creación do grupo valenciano L'Ham de Foc.
"Linatakalam" é, ademais da serie de televisión, unha ferramenta didáctica para a educación intercultural, con versións en castelán, francés, árabe, inglés, italiano e galego, realizada con apoio da Universidade de Santiago, o Seminario Galego de Estudos pola Paz e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia que está sendo distribuída polo Ministerio de Educación e Ciencia polos centros de ensino secundario de toda España. Ademais un novo pack coa serie
e a ferramenta didáctica tamén está sendo distribuído por Filmax en librerías e grandes superficies. "Linatakalam" presentouse no verán en Rabat e Santiago de Compostela, con asistencia do Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño e do Ministro Portavoz de Marrocos, Mr. Benabdallah.
Teenses Pola Igualdade quere felicitar desde aquí a Valentín Carreira e todo o seu equipo por tan destacado galardón que que vén unirse a unha serie de moitos outros premios cos que este destacado conveciño de Teo acostuma e a enchernos de ledicia e satisfacción nos últimos tempos.
|