A Asociación Teenses Pola Igualdade dentro do obxectivo de informar e difundir o noso compromiso coa sociedade e de dar a coñecer a nosa praxis, recorda que dispoñemos dun servizo de acción social, que se explica a continuación:
TRABALLO SOCIAL
• Departamento de protección social, orientado á prestación programada de atencións e servizos que posibiliten a mellora da calidade de vida e a participación das persoas ou grupos, especialmente daqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva,previndo a eliminación das causas que están na orixe destas situacións.
• O Obxectivo fundamental é o de promover e posibilitar o desenrolo do benestar social de tódolos cidadáns, independentemente de ser ou non asociad@s, que necesiten a nosa atención.
• A nosa razón de ser: proximidade e acercamento.
• ¿ Onde estamos ?. Coñeceras o noso servizo, na sede da Asociación Teenses Pola Igualdade, situada no Concello de Teo, concretamente na Escola Unitaria de Vilanova de Recesende, 1ºAndar. O departamento está composto por un traballador social ( Javier ), con dedicación de xornada completa.
NOTA: Para calquera tipo de información, contactar a través do noso correo: teenses@hotmail.es,
ou nos números de teléfono: ( 981800114 – 676052321 ), en horario de 16:00 a 21:00 de Luns a Venres.
Subvencionado pola Consellería de Traballo. Programas de Cooperación. Xunta de Galicia.
|