NOTICIA:

GABINETE PSICOLÓXICO         17-02-09

A Asociación Teenses Pola Igualdade dentro do obxectivo de informar e difundir o noso compromiso coa sociedade e de dar a coñecer a nosa praxis, recorda que dispoñemos dun servizo de acción social, que se explica a continuación:

GABINETE PSICOLÓXICO

• Intervención psicolóxica que elimine o malestar emocional, mellore a calidade de vida e permita unha mellor adaptación ás situacións e momentos difíciles e conflictivos.
• Enfoque terapéutico- cognitivo conductual, procedemento activo, estructurado e limitado no tempo que se utiliza no tratamento dos diferentes problemas psicolóxicos (depresión, ansiedade, fobias, etc.) baseándose no malestar emocional e as alteracións da conducta que veñen determinadas en gran medida polo modo en que o individuo interpreta negativamente as situacións e o ambiente que o rodea.
• A terapia vai encamiñada a identificar e modificar os pensamentos difusos e as conductas desadaptadas para que a persoa poida resolver os seus problemas xerando e aprendendo pagamentos e conductas alternativas máis adaptadas e realistas
• NOTA: A Asociación Teenses Pola Igualdade ten convenio co citado Gabinete Psicolóxico P.A.S.S
Tarifas reducidas para socios. Chamar ó número de teléfono (651043474-Andrés).