NOTICIA:

ASESORÍA XURÍDICA         17-02-09

A Asociación Teenses Pola Igualdade dentro do obxectivo de informar e difundir o noso compromiso coa sociedade e de dar a coñecer a nosa praxis, recorda que dispoñemos dun servizo de acción social, que se explica a continuación:

ASESORÍA XURÍDICA
O servicio de asesoría xurídica está configurado por unha avogada con dezaseis anos de experiencia práctica. Diríxese prioritariamente ó asesoramento dos/das socios/as de Teenses pola Igualdade, naquelas cuestións máis relacionadas coas propias finalidades da Asociación, e dicir: violencia de xénero, crises matrimoniais, situacións de dependencia,o vulneracións laborais ó dereito de igualdade.Para facilitar o apoio ós/ás nosos/as asociados/as, a primeira consulta é gratuíta e na sede da Asociación, buscando a confidencialidade e a adaptación ó horario e as tarefas familiares da persoa interesada. Antes de intervir na vía administrativa ou xudicial, faise un presuposto que se axusta ó baremo dos Colexios de Avogados de Galicia, sobre o que se aplica un desconto negociado previamente ós membros da Asociación Teenses pola Igualdade, sen que en ningún momento a persoa interesada estea obrigada a aceptar os servicios xurídicos da letrada ata o inicio das actuacións procesuais ou administrativas.